Cando fun á biblioteca a pedilo en prestamo e lin o argumento do libro e o porqué dese titulo souben que me ía gustar. Creo que é un libro que fala de moitos temas, por exemplo este libro partedunha maldición que dí que todos os grandes da música pop-rock morren en extrañas circunstancias á idade de 27 anos, pero aparte de achegarte información de sobre como morreron estes artistas e quen foron, tamén fala de temas que non teñen nada que ver co argumento pero que porén son moi interesantes, como por exemplo as tecnicas que utiliza a policía para descubrir cando un criminal está mentindo. Tamén hai personaxes moi graciosos como Amanda que é unha periodista á que Perdomo coñece o día do concerto de The Walrus por casualidade, ocaso é que por circuntancias do destino acaban colaborando xuntos na investigación. Creo que Amanda aporta uns toques cómicos e aporta dinamismo á lectura, ten un caracter moi persoal que a define, e unha desas personaxes queche gustaria que aparecesen tamen noutros libros como protagonista.
Ademáis Amanda e Perdomo se complementan porque Amanda era unha superfan do grupo The Walrus e achegalle moitos datos a Perdomo, alguns teñen máis relevancia que outros para a investigación pero todos son moi intersantes e axudan a construir a trama do libro.
É un libro policiaco moi entretido, porque o caso que teñen que investigar xa é interesante de por si, pero se a iso lle engadimos o toque cómico que aporta a parella de "detectives" formada por Amanda e Perdomo, a tensión que se vai formando cara o final da historia cando xa estan a punto de resolver o caso e o final tan inesperado que ten, o, libro faise curto, deixate con ganas de máis.